... Aquí , no sabemos que pasa con las líneas de vida en los surfski , ni las medidas en tradicional , ni una sola referencia al reglamento ¿somos gallegos? , si es así , no me extraña que en otras comunidades se utilice el gentilicio gallego como insulto . ¿cuando haremos las cosas bien ? .
Regulamento galego 2011
http://www.fegapi.org/fgp/arquivos-upload/novidades/2011/f1t2011n66.pdfFEDERACIÓN GALEGA PIRAGUISMO
REGULAMENTO XII CIRCUITO GALEGO DE KAIAK DE MAR DE COMPETICIÓN TEMPADA 2011
EMBARCACIÓNS
Serán as seguintes:
Kaiak de Mar K-1. Kaiak de Mar K-2.
Características das embarcacións: Poderán ser con cuberta tipo Groenlandés
As embarcacións participantes deberán ser resistentes á presión da auga e ó choque das
olas.
Non se permiten lastres ou apéndices a súa construción.
En ningún caso a pala estará suxeita á embarcación.
O casco:
As embarcacións serán monocasco.
As seccións e liñas lonxitudinais do casco do kaiak serán convexas (solo horizontal e
vertical).
O kaiak deberá construírse simetricamente seguindo o eixe lonxitudinal.
Características:
Deberán posuír asas en proa e popa que permitan o seu remolque.
Deberán posuír a lo menos un compartimento estanco en proa e popa. No caso de que
a embarcación solo este dotada dun compartimento estanco, deberá incluír un flotador ou
corcho (porespan) que asegure a flotabilidade da embarcación aínda que este chea de auga.
Tambuchos ou tapóns de baleirado para as zonas estancas.
Dispositivos ou repousapés que eviten escorregar ó palista cara o interior do kaiak.
Borde suficiente na bañeira para a fixación do cubrebañeiras.
Liñas de vida en proa e popa.
A construción do casco mostrará unha quilla de proa a popa.
SPRITER: (ademais das características anteriores)
Non ten ningunha limitación de lonxitude nin amplitude da embarcación.
Nesta modalidade pode participar a embarcación tipo surf ski que deberá ir provista de
liñas de vida e asas.
TRADICIONAL: (ademais das características anteriores)
A proa e a popa ó estilo esquimal (lixeiramente curvadas cara arriba).
A amplitude mínima da embarcación será igual ou superior ós 50 cm. na súa obra viva,
entendéndose por obra viva, a parte da embarcación en contacto ca auga co palista dentro. No
caso de non quedar clara a clasificación de Sprinter ou Turismo, por parte do arbitro
correspondente, os kaiaks mediranse, con un utensilio en forma de U, contando dende a base da
embarcación 10 cm. cara arriba na perpendicular á liña de flotación. Esta medida tomarase á
altura do asento do palista.
Non se permite a participación de embarcacións deseñadas para pista ou ríos en
competicións de Kaiak de Mar.
Características dos palistas.
Tódolos palistas deberán estar provistos de chalecos salvavidas homologados e chifre.
---
Quixera resaltar o seguinte:
"Nesta modalidade pode participar a embarcación tipo surf ski que deberá ir provista de
liñas de vida e asas."
***Polo de agora non hai ningunha comunicación oficial que informe ós árbitros de ningún cambio respecto deste regulamento e, de non ser así, estas serán as normas para a proba de Outes (e falo con coñecemento de causa)
Vémonos en Broña.
*E que ninguén esqueza o chifre (é
OBRIGATORIO)