Autor Tema: CAIXA GALICIA COMPRA LA ISLA DE SÁLVORA (GZ) PARA USO PÚBLICO  (Leído 1661 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado Musgo

  • Marinero
  • **
  • Mensajes: 242
  • Ja, ja, ja
Siento mandaros esta información en galego pero dada la importancia de la misma no puedo esperar a traducirla al castellano................. HOY ES UN GRAN DIA

Noticia de La Voz de Galicia en su edición de hoy

CAIXA GALICIA COMPRA LA ISLA DE SÁLVORA PARA USO PÚBLICO

Caixa Galicia asinará hoxe a compra do arquipélago de Sálvora, que forma, xunto aos de Cíes e Ons e a illa de Cortegada, o parque nacional das Illas Atlánticas. O director xeral da entidade financeira, José Luis Méndez, e o actual titular desa propiedade, Francisco de Borja Otero Zuleta de Reais, marqués de Revilla, rubricarán esta mañá o acordo de compravenda. Aínda que a caixa optou por esperar ao acto de hoxe para facilitar os datos da operación, varias fontes precisaron que a adquisición podería supor un desembolso da contorna dos seis millóns de euros.

Polo momento só transcendeu que Caixa Galicia non ten intención de obter ningún tipo de aproveitamento económico dun espazo tan valioso, no que non poderá acometer ningún tipo de construción. Moi ao contrario, fontes de toda solvencia precisaron onte que o obxectivo da entidade é pór en marcha un proxecto ambiental que podería virar ao redor de tres patas: investigación, divulgación e educación ambiental.

En realidade, a entrada en escena de Caixa Galicia abre a porta para que toda a sociedade galega goce dun arquipélago moi valioso polos seus fondos mariños, os seus bosques de laminarias e xestas e polas zonas de cría de especies como a gaivota patiamarilla e os corvos mariños. Ata agora, só unha parte de Sálvora era pública, xa que o resto do terreo (incluídos algúns dos puntos máis atractivos da illa) estaba vedado á contorna do marqués de Revilla.

Impulso definitivo

Polo que respecta á compra, onte transcendeu que a operación puido recibir un impulso definitivo fai un par de semanas nunha reunión no Club de Iñás entre responsables da caixa e o actual propietario coa mediación do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.

En realidade, o papel do Goberno galego neste asunto é máis relevante do que puidese parecer, pois desde hai un tempo marcouse o obxectivo de facerse co arquipélago de Sálvora e a illa de Cortegada, tamén en mans privadas.

Satisfacción

A compra de ambos os espazos supuxese un desembolso moi elevado para a Administración autonómica, polo que a Xunta optou por centrar os seus esforzos en expropiar Cortegada. Aínda que Vázquez preferiu non facer ningún tipo de valoración da operación á espera de que hoxe a presente Méndez, o certo é que na consellería acolleuse onte con enorme satisfacción o anuncio da adquisición.

A entidade que dirixe José Luis Méndez materializou a toma de control de Sálvora a través da iniciativa Fondo Natural da Obra Social Caixa Galicia. O vehículo elixido para a operación non é casual. De feito, fontes próximas á compra explicaron onte que, despois da vaga de incendios do pasado verán, a caixa e o seu director xeral tomaron a decisión de estudar a adquisición de espazos naturais galegos valiosos desde o punto de vista ambiental non co obxectivo de obter un rédito financeiro, senón máis ben social. Estas fontes precisaron que a adquisición do arquipélago sería a primeira deste tipo de actuacións. A Xunta, en todo caso, ten aínda unha opción de tenteo para igualar esta oferta e facerse coa illa de Sálvora.

A toma de control de espazos naturais de gran valor converteuse nunha sorte de moda entre as caixas españolas. Sen ir máis lonxe, A Caixa investiu cuantiosos recursos nos últimos anos en bosques naturais.

Desconectado Borrasca

  • Marinero
  • **
  • Mensajes: 1900
  • ¡¡Cuan lejos esta la mar de mi morada!!
    • Borrasca Kayak
  • Kayak: Fisterra (FunRun)
Re: CAIXA GALICIA COMPRA LA ISLA DE SÁLVORA (GZ) PARA USO PÚBLICO
« Respuesta #1 : 23 marzo, 2007, 09:10:07 am »
Pues si que es una buena noticia.

Desconectado Javier dlp

  • Moderador jefe
  • Marinero
  • *****
  • Mensajes: 2948
    • http://www.funrunkayak.com
Re: CAIXA GALICIA COMPRA LA ISLA DE SÁLVORA (GZ) PARA USO PÚBLICO
« Respuesta #2 : 23 marzo, 2007, 15:27:48 pm »
enhorabuena

Desconectado kayakerante

  • Marinero
  • **
  • Mensajes: 1308
  • http://trotacolegios.blogspot.com/
    • http://trotapantanos.blogspot.com/
Re: CAIXA GALICIA COMPRA LA ISLA DE SÁLVORA (GZ) PARA USO PÚBLICO
« Respuesta #3 : 23 marzo, 2007, 18:45:29 pm »
No conozco la realidad, y perdon pero no quiero ofender a alguien. Me choca y mucho, que un organismo privado, con animo de lucro y mas bancario compre un paraje natural. Habria que preguntarse ¿respetara ese paraje natural? ¿lo mejorara? ¿permitira a la gente conocerlo? ¿a cambio de que? Que conste, que no se como van a desembocar los acontecimiento, pero casos de estos hay a millares ¿que pasa con la selva amazonica? Iba a suponer una valoracion y un respeto por su entorno. ¿En que ha quedado?
No lo se, pero me pregunto ¿sera mejor? ¿sera peor? en que sentido. Si vale, se permitira conocer un entonrno natural, y con ello se supone que habra mas conciencia natural, pero ¿a cambio de que? No se, No se, No se
Otro caso de similares caracteristicas, El gobienrno de EEUU, defendiendo el derecho de los indigenas, confinandonolos en regiones, o zonas, que no eran su natural habita ¿Era mejor para ellos?
Lo importante de la vida no es lo que hayas vivido, sino lo que has dejado de vivir; experimenta, descubre,inventa, vive
http://trotapantanos.blogspot.com/