Ola a todos/-as:
Súmome ao censo de foreiros galegos/-as. Eu son "Xaxara" (Bruno) en Nigrán (PO). E "navego" no "KODIAK" cando facemos travesías ou na "OCEAN QUATRO" cando saímos a pasear "en familia".
Temos un grupiño de afeccionados que saímos a remar pola mellor e máis bonita ría do mundo, polo mar de Baiona e Panxón. (é a miña opinión).
Quedamos na praia de Panxón. Mesmo no porto, todos os domingos ás 10 da mañá.
Convidámosvos a participar.
Saúdos.