Autor Tema: Calendario oficial de kayak de mar en Galicia  (Leído 4930 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado Musgo

  • Marinero
  • **
  • Mensajes: 242
  • Ja, ja, ja
Calendario oficial de kayak de mar en Galicia
« : 17 abril, 2006, 13:54:29 pm »
Está en galego pero seguro que se entiende bien y no pasamos el trabajiño de traducirlo. Gracias a todos t a todas.


CALENDARIO OFICIAL DE KAIAK DE MAR 2006


CONCENTRACIÓNS - CURSOS


COMITÉ GALEGO DE KAIAK DE MAR
FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGüISMO

 
CONCENTRACIÓNS DE KAIAK DE MAR

II Concentración de kaiak de mar Ensenada San Simón (ría de Vigo)
Ruta   1º día: Vilaboa – Río Verdugo - Illa de San Simón
   2º día: Illa de San Simón – Ponte de Rande – Vilaboa
Datas   12 e 13 maio de 2006
Organizador    Club Piragüismo Vilaboa – Tel. 653 070 605 – kinoac@terra.es
Nivel técnico   Navegación en augas moi interiores da ría de Vigo durante 30 Km. (15 o sábado e 15 o domingo). A costa é baixa e areosa e incluso teremos unha parte polo interior do río Verdugo na súa desembocadura.
Noite   Na residencia da Illa de San Simón (ría de Vigo)

IV Concentración de kaiak de mar Marín – Aldán – Cangas (ría de Pontevedra e Vigo)
Ruta   1º día: Marín – Bueu – Aldán
   2º día: Aldán – Costa da Vela - Cangas
Datas   17 e 18 de xuño de 2006
Organizador   Club Nordés Kaiak – Tel. 600 004 905 – fxabier@mixmail.com
Nivel técnico   Na primeira xornada a navegación será saíndo do interior da ría de Pontevedra paulatinamente (costa baixa e areosa 14 km.) ata Cabo Udra (costa baixa e rochosa 5 km.) para meterse na ría de Aldán.
   Para a segunda xornada o nivel técnico é difícil xa que as correntes traballan intensamente e o 80 % do percorrido é por zoas altas e rochosas sen posibilidade de abandonar o percorrido (20 Km).
Noite   Será no Cámping Liméns.

IV Concentración de kaiak de mar Costa Serena (ría de Baiona e Vigo)
Ruta   Baiona – Panxón – Illas Cíes e regreso
Datas   02 de xullo de 2006
Organizador   Club Piragüismo Val Miñor – Tel. 627 828 647 – eprendes@teleline.es
Nivel técnico   A primeira parte do percorrido é no interior da ría de Baiona en costa baixa e areosa ata enfilar o mar aberto cara as Illas Cíes. Tralo xantar regreso en liña recta cara a Baiona. O percorrido total é de 26 Km.
Noite   A organización ofrecerá cámping en Baiona a noite previa do sábado

II Concentración Mariña Lucense
Ruta:   Saída dende Ribadeo
Datas   13 de agosto de 2006
Organizador   C. Piragüismo Altruan – Tel.  616 097 206 – ALTRUAN@terra.es
Nivel técnico:   Percorrido en liña con posibilidade de regreso por estrada con 20 km. de ruta e costa sen especiais dificultades.
Noite:   Haberá zona de acampada.

I Encontro Turístico 2006 (ría de Vigo)
Ruta   Vigo - Illa de San Simón - Arcade
Datas   20 de agosto de 2006
Organizador   Real Federación Española de Piragüismo – Tel. 986 842 106
Nivel técnico   Poderán participar todas aquelas embarcacións propulsadas por forza humana, xa foran autovaleirables, K1, K2,... O nivel técnico será moi elemental para realmente organizar un festexo. O percorrido é de 16 km. en total pero moi asequibles.

I Concentración Kaiak de Mar Sanxenxo – Illa de Ons – Sanxenxo (ría de Pontevedra)
Ruta   1º día: Sanxenxo – Punta Faxilda - Illa de Ons
   2º día: Illa de Ons – volta á Illa de Ons – Sanxenxo
Datas   26 e 27 de agosto de 2006
Organizador   C. Montañeiros de Pontevedra – Tel. 619 673 464 – rafawhite66@hotmail.com
Nivel técnico   O percorrido comezara costeando pola costa N do Concello de Sanxenxo ata a Punta Faxilda e dende alí directamente cara a Illa de Ons (total 14 km).
   O segundo día daremos a volta a toda á Illa de Ons para regresar cara a Sanxenxo, a navegación será por alta mar e con costa alta e rochosa sen lugares de abrigo (total 16 km).
Noite   En tendas de campaña na zona de acampada organizada polo Parque Nacional na Illa de Ons. Opcionalmente poderá haber durmida en aloxamento convencional.

I Concentración de kaiak de mar Cangas – Illas Cíes – Cangas (ría de Vigo)
Ruta:   1º día: Cangas – Illas Cíes
   2º día: Illas Cíes – volta as Illas Cíes - Cangas
Datas   09 e 10 de setembro de 2006
Organizador   Club Nordés Kaiak – Tel. 666 329 569 – administracion@nordeskayak.com
Nivel técnico   A primeira xornada será por costa baixa e areosa ata o Cabo Home e dende alí por mar aberto ata as Illas Cíes (total 14 Km.).
   A segunda xornada será arredor das Illas Cíes e regresaremos a Cangas por costa alta e rochosa e alta mar (total 20 km).
Noite   Será en tenda de campaña no cámping Illas Cíes

III Travesía en kaiak polos encoros do río Navia (occidente asturiano)
Ruta   Navegación polo encoro
Datas   23 de setembro de 2006
Organizador:   Ondabrava - Tel. 630 810 260 – info@ondabrava.com
Nivel técnico:   O percorrido será polo encoro
Noite:   Será no albergue de Pesoz

VIII Concentración de kaiak de mar Aldán – Illa de Ons – Aldán (ría de Pontevedra)
Ruta   1º día: Aldán – Punta Udra – Illa de Ons
   2º día: Illa de Ons – Illa de Onza – Aldán
Datas:   7 e 8 de outubro de 2006
Organizador:   Club Nordés Kaiak – Tel. 666 329 569 – administracion@nordeskayak.com
Nivel técnico:   A primeira xornada navegará a costa E da ría de Aldán e dende o Cabo Udra (costa baixa e rochosa durante 6 km.) sairá cara a Illa de Ons por mar aberto durante 6 Km.
   A segunda xornada navegará dende a Illa de Ons cara ao S ata a Illa de Onza e dende alí ata a Punta Couso e polo interior da ría de Aldán (total 14 km).
Noite:   Será en aloxamento convencional en casas na propia illa.

II Concentración Invernal de Kaiak de Mar (Encoro de Riaño – León)
Ruta   Encoro de Riaño (León)
Datas   17 e 18 de febreiro de 2007
Organizador   Fed. Galega de Piragüismo – Tel. 986 842 106 – davidperezaraujo@hotmail.com
Nivel técnico   Navegación en pantano de alta montaña (1.100 m) pero con augas moi frías e con baixas temperaturas exteriores (especialmente pola noite) A costa é inaccesible por estrada (en total haberá 24 Km).
Noite   En tenda de campaña, posiblemente sobre neve.

OBXECTIVO
O obxectivo deste calendario é o de procurar que todas as persoas que queiran poidan atoparse e divertirse co kaiak de mar en compañía e con seguridade.
Este calendario esta disposto para as persoas que queiran achegarse sen ter que ter máis coñecementos previos que os requiridos para os niveis técnicos de cada actividade.

NIVEL TÉCNICO
Os “niveis técnicos” ofrecidos pola organización son orientativos e baseados en datos obxectivos que podemos ofrecer sobre a navegación na que se teñen en conta os km. de navegación diaria, a proximidade á costa (con portos, baixa e areosa, alta e rochosa,...) a temperatura da auga, as correntes,... Desbotamos a valoración das ondas, do vento, do estado físico do/a participante, a habilidade técnica, o seu material deportivo,... xa que isto a organización non o pode valorar.
As concentracións poderán ser variadas ou suspendidas en función das condicións observadas polo comité organizador.

FORMACIÓN
Haberá dúas xornadas de formación, ao marxe das concentracións, abertas aos kaiakistas de mar galegos/as que son:
1.   Xornada de esquimotaxe en kaiak de mar, o domingo 21 de maio de 10,30 a 20 h. no albergue xuvenil das Sinas (Vilanova de Arousa).
2.   Xornada de técnicas individuais e colectivas de rescate e remolque en kaiak de mar, o 10 de xuño de 10 a 15 h. na praia de Liméns (Cangas).
Máis información na web da Federación Galega de Piragüismo www.fegapi.org

LICENZA FEDERATIVA
Será obrigatorio para todos/as os participantes estar en posesión, no momento da actividade, da licenza federativa de piragüismo en calquera das súas modalidades:
A)   Licenza federativa anual; que tes que tramitar nalgún dos clubs de toda Galicia. Ten unha cobertura de 01/01 a 31/12 e un custe de 23 € (nados entre o ano 1987 e o 1972) e 31 € (nados antes do ano 1971).
B)   Licenza federativa de actividade; que podes tramitar co club organizador de calquera das concentracións oficiais xunto coa inscrición na concentración. Ten un custe de 8 € e unha cobertura de 30 días naturais dende a súa tramitación.
Máis información en www.fegapi.org ou na sede da Federación Galega de Piragüismo no tel. 986 842 106.

REQUISITOS XERAISÉ obrigatorio saber nadar e é necesario facer uso do cubrebañeiras axeitado e un chaleco salvavidas (deberá contar cun pito). Así mesmo, as embarcacións deberán dispoñer de liña de vida de proa a popa, asas de transporte, e suficiente flotación para que, coa bañeira chea de auga, se manteña a flote. Para os/as menores de idade teñen que tomar parte acompañados dalgún maior de idade e con autorizado pola familia.
A organización se reserva o dereito de impedir a participación á embarcación que non cumpra con estes requisitos.

INSCRICIÓN  E INFORMACIÓN XERAL
O prazo de inscrición remata inescusablemente 4 días antes de comezar a actividade ou ata completar o número de participantes máximos.
Para estar correctamente inscrito haberá que formalizar a ficha de inscrición de cada actividade e ter formalizado o pago da cota de participación correspondentes, así como estar en posesión da licenza federativa e cumprir cos requisitos xerais e específicos.
Para maior información poñerse en contacto coa Federación Galega de Piragüismo, na rúa Italia, nº 35 (36162) de Monte Porreiro en Pontevedra, co tel. 986 842 106, fax 986 851 108, e-correo kayak-canoa@fegapi.org, ou na web www.fegapi.org

ALUGUER DE PIRAGUAS
A continuación ofrecémosvos un listado de aluguer de kaiaks de mar para poder tomar parte nas concentracións ou para calquera outra actividade. Á hora de alugar un kaiak de mar recordade que ten que ser un barco completo (barco de kaiak de mar + pala + chaleco salvavidas + cubrebañeiras).
1.   Cangas – Nordés Kaiak en el Cámping Liméns – Tel. 666 329 569 – administracion@nordeskayak.com
2.   Tomiño – Mi Kaiak – Tel. 606 332 519 – mikayak@teleline.es
3.   Vilaboa - C. Piragüismo Vilaboa – Tel. 653 070 605 - kinoac@terra.es
 
CURSOS DE KAIAK DE MAR
 

CURSO DE ESQUIMOTAXE EN KAIAK DE MAR


Obxectivo:
Achegar a técnica de esquimotaxe aos navegantes en kaiak de mar para que a coñezan e a poidan practicar para a súa seguridade.

Dirixido:
A un máximo de 20 kaiakistas de mar, con calquera das modalidades da licenza federativa de piragüismo (anual ou de actividade) e con ánimo de divertirse e aprender a facer as técnicas básicas de esquimotaxe.

Material necesario:
Kaiak de mar con liñas de vida, cubrebañeiras perfectamente axustado ao kaiak de mar, chaleco de salvamento homologado, pala e traxe de neopreno.

Imparte:
Marcos Atrio Domínguez, guía titulado de augas bravas pola Real Federación Española de Piragüismo

Lugar:
Albergue Xuvenil das Sinas (Vilanova de Arousa)

Data e hora:
21 de maio de 2006, de 10,30 horas a 20 h.

Recomendacións:
e pinzas de nariz para natación, ademais de comida e bebida propia para toda a xornada.

Custe:
O curso ten un custe de 10 € que terás que ingresar no nº de conta da Federación Galega de Piragüismo nº 2013.1555.00.0200050756 de Caixa Catalunya. En caso de non ter a licenza federativa anual terás que pagar 8 € máis sobre a cota.

Inscrición e información:
1)   Pagar a cota 10 € (atención por si non tes a federativa que tes que pagala no mesmo ingreso, súmalle 8 € máis).
2)   Cubrir a ficha de inscrición.
3)   Mandar por fax ou por correo-e o xustificante de pago e a ficha de inscrición.
Máis información na Federación Galega de Piragüismo na R/ Italia, 35 (36162) Monte Porreiro (Pontevedra) Tel. 699 495 767 // Fax 986 851 108 // kayak-canoa@fegapi.org.
 
CURSO DE TÉCNICAS INDIVIDUAIS E COLECTIVAS DE RESCATE E REMOLQUE EN KAIAK DE MAR

Obxectivo:
Achegar ás técnicas individuais e colectivas para que as persoas que navegamos en kaiak de mar poidamos ter a seguridade de que si envorcamos nós sós, ou en compañía, poidamos recuperar a posición rapidamente e con seguridade.

Dirixido:
A un máximo de 30 kaiakistas de mar, con calquera das modalidades da licenza federativa de piragüismo (anual ou de actividade) e con ánimo de divertirse e aprender as técnicas básicas de rescate.

Material necesario:
Kaiak de mar con liñas de vida, cubrebañeiras, chaleco de salvamento homologado, pala, cabo de remolque de mínimo 7 mm. de ancho e 10 metros de longo, un mosquetón para o remolque, un flotador de pala e un achicador.

Imparte:
Jaime Corral, adestrador Nacional de Piragüismo pola Real Federación Española de Piragüismo.

Lugar:
Praia de Liméns (Cangas)

Data e hora:
17 de xuño de 2006, de 10 h. a 15 h.

Recomendacións:
Traxe de neopreno, ademais de comida e bebida propia para a xornada.

Custe:
O curso ten un custe de 10 € que terás que ingresar no nº de conta da Federación Galega de Piragüismo nº 2013.1555.00.0200050756 de Caixa Catalunya. En caso de non ter a licenza federativa anual, terás que pagar 8 € máis sobre a cota.

Información e inscrición:
1)   Pagar a cota 10 € (atención por si non tes a federativa que tes que pagala no mesmo ingreso, súmalle 8 € máis)
2)   Cubrir a ficha de inscrición
3)   Mandar por fax ou por correo-e o xustificante de pago e a ficha de inscrición
Máis información na Federación Galega de Piragüismo na R/ Italia, 35 (36162) Monte Porreiro (Pontevedra) Tel. 699 495 767 // Fax 986 851 108 // kayak-canoa@fegapi.org.
 
FICHA DE INSCRICIÓN DO CALENDARIO OFICIAL DE KAIAK DE MAR 2006
Actividade na que tomarei parte ___________________________________________________
____________________________________________________________________________________
Nome ____________________________ Apelidos_________________________________________
Nº D.N.I. ___________________ Data de nacemento __________________ Idade ___________
Club de piragüismo _____________________________________ Tel. Móbil __________________
Tel. Casa ____________________ E-correo ______________________________________________
Enderezo postal ____________________________________________________ CP _____________
Localidade _________________________________________ Provincia ______________________

DECLARO

Que teño plena consciencia do perigo que supón tomar parte nesta actividade.
Que acepto voluntariamente o risco intrínseco dela.
Que sei nadar suficientemente.
Que estou en posesión, ou actualmente tramitando, a licenza federativa de piragüismo do ano en curso.
En ________________, ____ de _______________ de 200____





Asdo. _____________________________

A/A PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO
COMITÉ GALEGO DE KAIAK DE MAR