Autor Tema: II Xornadas formativas sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas (GZ)  (Leído 1286 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado Musgo

  • Marinero
  • **
  • Mensajes: 242
  • Ja, ja, ja
II XORNADAS FORMATIVAS PARA GUÍAS E INFORMADORES TURÍSTICOS SOBRE O PARQUE
NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLANTICAS DE GALICIA


Un dos principais obxectivos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia en materia de Uso
Público é a divulgación e difusión dos seus valores naturais e culturais; o papel dos informadores
turísticos é fundamental para este fin, xa que unha información de calidade permite ofrecer aos
potenciais visitantes do espazo protexido a posibilidade de programar e organizar a súa visita dun
xeito que lle permita aproveitala ao máximo e da forma máis respectuosa e consecuente posible.

De carácter gratuíto, e coa realización de dúas convocatorias para facilitar a asistencia do maior
número de interesados, estas xornadas van dirixidas a técnicos, informadores e guías turísticos da
Comunidade Autónoma de Galicia, polo que lles invitamos a participar nas mesmas. Para isto, só é
necesario que nos remitan a solicitude de participación adxunta por Fax ou correo electrónico, antes
do venres 9 de marzo, data límite de presentación de solicitudes. O Parque Nacional porase en
contacto cos admitidos a efecto de confirmar a súa participación. No caso de superarse o número
de prazas, a selección basearase na orde de chegada de solicitudes.

Estas xornadas están homologadas para os guías de turismo de Galicia, para os efectos do disposto
no art. 33 do Decreto 42/2001, de 1 de Febreiro.

Data:
Santiago de Compostela: mércores 14 de Marzo.
Vigo: mércores 21 de Marzo.

Lugar de realización:
Santiago de Compostela: Salón de actos de Turgalicia (Crta Santiago-Noia, km 3).
Vigo: Salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia. Rúa Concepción Areal 8, Vigo.

Número de prazas: 80 para cada convocatoria.

Coordinador: Jorge Bonache, técnico de Uso Público do Parque Nacional.

Data límite para a presentación de solicitudes: 9 de Marzo de 2007.

Fax do Parque Nacional: 986 858863.

Teléfono do Parque Nacional: 986 858593.

Correo electrónico do Parque Nacional: iatlanticas@oapn.mma.es

Obxectivos das xornadas:
• Dar a coñecer a profesionais relacionados co sector turístico os valores naturais e culturais do
Parque Nacional, co obxecto de difundir dicha información coa máxima precisión posible.
• Promover unha visión integral da rede de espazos naturais galegos, na que o Parque
Nacional deberá ser o referente da conservación e a sostibilidade.
• Proporcionar aos traballadores do sector turístico ferramentas e recursos que lles permitan
informar aos potenciais visitantes do Parque Nacional sobre aspectos como os servizos do
mesmo, a normativa ou a xestión dun xeito claro e preciso.
• Achegar aos traballadores do sector turístico á realidade do Parque Nacional, co especial
énfase nas relacións do Parque co entorno máis próximo.
• Promover o achegamento emocional dos participantes ao espazo natural.
• Proporcionar aos participantes un canal de comunicación co Parque Nacional, de xeito que
lles permita propoñer suxestións e actuacións de mellora no espazo, especialmente nos
aspectos relacionados co seu area de traballo.
• Transmitir aos participantes a necesidade de conservación e protección dos valores do
Parque Nacional en particular e dos espazos naturais protexidos en xeral, e a importancia da
súa labor na transmisión de dichas premisas aos visitantes do mesmo.

Contidos:
• Os espazos naturais protexidos. A rede de Parques nacionais españois. A rede de espazos
naturais galegos.
• O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: situación e composición
do mesmo.
• Medio natural do Parque Nacional: medio físico, fondos mariños, flora e fauna terrestre.
• Introducción a historia e patrimonio cultural do Parque.
• Uso Público no Parque Nacional: A visita.
• Normativa e lexislación básica.
• Xestión e proxectos do Parque Nacional: áreas de conservación e Uso público.
• Conceptos e elementos básicos da comunicación ambiental: ferramentas para a promoción
de accións de protección dos recursos naturais e da sostibilidade.
• Recursos e materiais de apoio para mellorar a información e divulgación dos valores do
espazo protexido.

Programa:
Mañá
• 9:00-9:30: Presentación: Obxectivos, contidos, programa e entrega de documentación.
• 9:30-10:30: Introducción: Os espazos naturais protexidos. A rede de Parques nacionais
españois. A rede de espazos naturais galegos. O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas
Atlánticas de Galicia.
• 10:30- 11:30: Medio natural: medio físico, medio mariño.
• 11:30-12:00: Descanso.
• 12:00-13:00: Medio natural: flora terrestre e fauna terrestre.
• 13:00-14:00: Introducción a historia e patrimonio cultural do Parque.

Tarde
• 16:00-17:00: Uso Público no Parque Nacional: A visita.
• 17:00-17:45: Normativa e lexislación
• 17:45-18:15: Descanso.
• 18:15-19:00: Xestión e proxectos do Parque Nacional.
• 19:00-19:45: Papel dos informadores de turismo na divulgación dos valores e recursos do Parque Nacional: a comunicación ambiental, unha ferramenta indispensable para a conservación do noso territorio. Recursos e materiais de apoio para mellorar a información e divulgación dos valores do
espazo protexido.
• 19:45-20:15: Preguntas, suxestións e avaliación da xornada.
• 20:15: Despedida e entrega de certificados de asistencia.

Para poder participar nas xornadas é necesario cubrir a seguinte folla de solicitude e
enviarlla, antes do 9 de Marzo de 2007 por teléfono o correo electrónico, á oficina do
Parque Nacional.
Fax: 986 858863
Correo electrónico: iatlanticas@oapn.mma.es

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN
II XORNADAS FORMATIVAS PARA GUÍAS E INFORMADORES TURÍSTICOS SOBRE O PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
Nome:
Dirección:
Localidade:
Concello:
Profesión:
Teléfono de contacto:
Correo electrónico:
Convocatoria á que desexa asistir: